Titulacións de acceso
- Titulacións prioritarias: grao ou licenciatura en química
- Titulacións secundarias: licenciaturas ou graos relacionadas coas titulacóns de química, así como licenciaturas ou graos en bioquímica, enxeñería química, enxeñería industrial, ciencias dos materiais, farmacia e ciencias mariñas, ciencias ambientais, biotecnoloxía, nanociencias ou outras titulacións universitarias con formación química similar
- Mínima prioridade: Outras titulacións universitarias que inclúen formación química no seu plan de estudos
- Nota media do expediente académico da titulación de acceso: 85%
- Méritos curriculares adicionais: 10%
- Carta de motivación: 5%
Os titulados con menor grao de formación química, a criterio da Comisión Académica, poderán acceder tras realizar complementos formativos ata un máximo de 60 ECTS.
Criterios de admisión
O alumno deberá acreditar o coñecemento da lingua inglesa (polo menos un nivel B1 recoñecido). En caso de non poder acreditalo, a Comisión Académica realizará unha entrevista cos alumnos.