• Formar profesionais capaces de competir en áreas tan dinámicas como a industria química, farmacéutica, biomédica, agroalimentaria, fito e biosanitaria, así como na produción de novos materiais, no control medioambiental, análise e control de calidade, e no campo das enerxías renovables.
  • Proporcionar formación especializada avanzada, fundamentalmente en técnicas instrumentais, que sexa de utilidade para poder optar con vantaxe a postos de traballo nos sectores público e privado.
  • Ser un instrumento de formación continua de profesionais dos diferentes ámbitos da Química.
  • Proporcionar unha formación teórica e experimental avanzada, que lles permita acceder á realización dunha tese doutoral en Química Analítica, Química Física, Química Inorgánica o Química Orgánica.