O Sistema de Garantía de Calidade da Facultade de Química constitúe unha ferramenta estratéxica básica para acadar unha mellora continua do centro e das súas titulacións oficiais.
Neste sentido, hai que sinalar que o RD 1393/2007 do 29 de outubro de 2007, polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais, esixe, para a verificación e acreditación dun título, a incorporación dun sistema de garantía interno para a avaliación, seguimento e mellora da calidade da oferta formativa.
O RD 420/2015, de 29 de maio, de creación, recoñecemento, autorización e acreditación de universidades e centros universitarios determina, pola súa banda, que, para obter a acreditación institucional, os centros universitarios deberon obter a certificación da implantación do seu SGC e ter renovada a acreditación inicial de acordo ao procedemento xeral de, polo menos, a metade dos títulos oficiais de grao e mestrado que se imparten no centro.
Documentación básica do SGC da FQ: