Profesor/a titular de universidade
Área de Química Inorgánica
Departamento de Química Inorgánica
Información de contacto
Facultade de Química
Edificio de Ciencias Experimentais
Bloque E, Planta 3, Despacho 17
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 812 274
bgs@uvigo.gal
Breve CV
Licenciada en Ciencias Químicas pola Universidade de Vigo en 1998. Doutora en Química pola Universidade de Vigo en 2003. Estadías de investigación no grupo do Dr. Maurizio Peruzzini na CNR-ICCOM (Firenze, Italia) 2003-2004, Prof. Dr. Alberto Albinati na Universitá degli Studi di Milano (Milán, Italia) 2004-2005, Prof. Dr. Alceo Machioni na Universitá degli Studi di Perugia (Perugia, Italia) 2007. Autora de 39 traballos de investigación. Dirección de 2 Teses de Doutoramento, 2 Teses de Licenciatura e 2 proxectos de Tese de Master. Participación en 6 proxectos de investigación, dos cales un da Unión Europea e outro un Consolider-Ingenio. Colaboracións co grupo de investigación de Dr. Maurizio Peruzzini e do Prof. Dr. Alceo Machioni. A súa investigación desenvolvese dentro da área de Química Organometálica, traballando na síntese e reactividade de hidrurocomplexos e complexos solubles en auga con aplicacións en catálise e medicina. Actualmente a súa liña de investigación centrase na síntese e estudo de novos sistemas metalaaromáticos para aplicacións en ciencia dos materiais.
Docencia
1º cuadrimestre
V11M162V02111 | Química Organometálica
2º cuadrimestre
Titorías
1º cuadrimestre
Titorías presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.
2º cuadrimestre
Titorías presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.
Investigación
Grupo de investigación
Liñas de investigación
- Síntese e estudo de novos sistemas metalaaromáticos para aplicacións en ciencia dos materiais