Titulacións de acceso

  • Titulacións prioritarias: grao ou licenciatura en química
  • Titulacións secundarias: licenciaturas ou graos relacionadas coas titulacóns de química, así como licenciaturas ou graos en bioquímica, enxeñería química, enxeñería industrial, ciencias dos materiais, farmacia e ciencias mariñas, ciencias ambientais, biotecnoloxía, nanociencias ou outras titulacións universitarias con formación química similar
  • Mínima prioridade: Outras titulacións universitarias que inclúen formación química no seu plan de estudos
  • Os titulados con menor grao de formación química, a criterio da Comisión Académica, poderán acceder tras realizar complementos formativos ata un máximo de 60 ECTS.

    Criterios de admisión

    • Nota media do expediente académico da titulación de acceso: 85%
    • Méritos curriculares adicionais: 10%
    • Carta de motivación: 5%

    O alumno deberá acreditar o coñecemento da lingua inglesa (polo menos un nivel B1 recoñecido). En caso de non poder acreditalo, a Comisión Académica realizará unha entrevista cos alumnos.