Contido A memoria do TFM conterá un proxecto de investigación ou, no seu caso, un traballo orixinal profesionalizante, elaborado seguindo as pautas habituais na súa área de coñecemento ou especialización. O traballo incluirá os antecedentes e estado actual do tema, obxectivos, metodoloxía, plan de traballo e bibliografía. Indicarase o labor desenvolvido e, no seu caso, os resultados e conclusións dos experimentos realizados.
Lingua A memoria presentarase redactada en castelán, galego ou inglés. En calquera caso, incluirá un resumo que estará redactado en inglés (se a memoria foi presentada en galego ou castelán) ou en galego ou castelán (se foi presentada en inglés).
Formato A presentación será acorde cos estándares científicos e técnicos habituais de cada materia. A súa extensión non será superior a 50 páxinas a espazo 1,5 e letra de 12 pt. Se o tipo de traballo así o precisase, contará ademais cos correspondentes anexos incluídos ao final da Memoria, preferiblemente en formato dixital.
Portada Na primeira páxina da Memoria farase constar, nesta orde:
Universidade de (A Coruña/Santiago de Compostela/Vigo)
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial
Nome do autor
Título do traballo
Nome do director ou directores
Departamento/centro/empresa onde se realizou o traballo
Período de avaliación (xullo ou setembro, ano)
Avaliación Será realizada por varias comisións designadas anualmente pola Comisión Académica, que estarán compostas por 3 persoas, dúas delas necesariamente profesores doutores con vinculación permanente á universidade. O acto de defensa do TFM será público e o alumnado terá que realizar unha exposición resumida do seu traballo nun tempo máximo de 15 minutos e deberá responder as cuestións que lle formulen os membros da comisión. As características formais do traballo recolleranse nas citadas directrices.
Curso 2025/2026
Convocatoria de oferta de liñas de TFM (para o profesorado)
Formulario de solicitude de oferta de liñas de TFM (para o profesorado)
Oferta de liñas de TFM
Asignación definitiva de TFM – Orientación profesional
Asignación definitiva de TFM – Orientación investigadora
Tribunais de TFM
Ficha de avaliación do TFM (Rúbrica)
Documentación
- Regulamento para a realización do TFM na UVigo
- Impreso de solicitude de asignación do TFM
- Impreso de solicitude de cambio de título do TFM
- Impreso de solicitude de lectura do TFM
Defensa do TFM
Calendario de defensa do TFM
| Convocatoria | Solicitude * | Depósito ** | Defensa |
|---|---|---|---|
| Ordinaria | 26/06/2026 | 30/06/2026 | 20/07/2026 |
| Extraordinaria | 26/06/2026 | 03/09/2026 | 17/09/2026 |
* O alumnado da UVigo terá que enviar a solicitude de presentación do TFM ao enderezo electrónico
** Envío en formato .pdf ao enderezo electrónico