Requisitos de acceso

Para acceder aos ensinos oficiais de Mestrado será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou outro expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que garanta:

  • Estar en posesión de coñecementos suficientes de Química Analítica, Química Física, Química Inorgánica, Química Orgánica, Bioquímica e Bioloxía Molecular e Enxeñería Química.
  • Dispoñer de coñecementos básicos de Matemáticas, Física e Bioloxía.
  • Posuír unha formación experimental suficiente para o manexo de materiais e para a execución de tarefas habituais en laboratorios químicos.
  • Dispoñer de competencias e habilidades relativas ao manexo das aplicacións máis comúns de ofimática.
  • Posuír coñecementos de inglés suficientes para a comprensión de clases maxistrais, textos científicos, documentos, seminarios e conferencias (polo menos un nivel B1 recoñecido). A Comisión fará unha entrevista aos alumnos que non presenten título do nivel B1 para comprobar que poidan seguir as clases do Mestrado sen dificultade.
  • Mostrar interese polo Mestrado e demostrar capacidade de traballo.

Os estudantes que cursasen os seus estudos fóra de España poderán ser admitidos sen necesidade de homologar o seu título, sempre que acrediten un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos de acceso españois, de acordo co establecido na Real Decreto Lei 1393/2007 e no 861/2010.

 

Perfil de ingreso

Este Mestrado Universitario está aberto a titulados cunha formación científica ou tecnolóxica suficiente para poder abordar os aspectos máis avanzados da Química ou iniciarse na Investigación Química, de tal modo que poidan abordar e resolver os problemas que demandan a industria e a sociedade, impulsando a investigación tanto a nivel fundamental como aplicado, así como o desenvolvemento e a innovación a nivel empresarial.