Para acceder aos ensinos oficiais de mestrado será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou outro expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que garanta:
- Estar en posesión de coñecementos suficientes de Química Analítica, Química Física, Química Inorgánica, Química Orgánica, Bioquímica e Bioloxía Molecular e Enxeñaría Química.
- Dispoñer de coñecementos básicos de Matemáticas, Física e Bioloxía.
- Posuír unha formación experimental suficiente para o manexo de materiais e para a execución de tarefas habituais en laboratorios químicos.
- Dispoñer de competencias e habilidades relativas ao manexo das aplicacións máis comúns de ofimática.
- Posuír coñecementos de inglés suficientes para a comprensión de clases maxistrais, textos científicos, documentos, seminarios e conferencias (polo menos un nivel B1 recoñecido). A Comisión fará unha entrevista aos alumnos que non presenten título do nivel B1 para comprobar que poidan seguir as clases do mestrado sen dificultade.
- Mostrar interese polo mestrado e demostrar capacidade de traballo.
Os estudantes que cursasen os seus estudos fóra de España poderán ser admitidos sen necesidade de homologar o seu título, sempre que acrediten un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos de acceso españois.
Perfil de ingreso
Este mestrado universitario está aberto a titulados cunha formación científica ou tecnolóxica suficiente para poder abordar os aspectos máis avanzados da Química ou iniciarse na Investigación Química, de tal modo que poidan abordar e resolver os problemas que demandan a industria e a sociedade, impulsando a investigación tanto a nivel fundamental como aplicado, así como o desenvolvemento e a innovación a nivel empresarial.