Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Condicións de terminación

  • Materias obrigatorias: 15 ECTS
  • Materias Optativas: 21 ECTS
  • Traballo fin de máster: 24 ECTS
  • Total: 60 ECTS

Itinerarios ou mencións

ORIENTACIÓN INVESTIGADORA

  • Especialidade en Química do Medio Natural
  • Especialidade en Química Sintética
  • Especialidade en Química Biolóxica
  • Especialidade en Nanomateriais e Novos Materiais
  • Especialidade en Técnicas Analíticas Avanzadas

ORIENTACIÓN PROFESIONALIZANTE

  • Especialidade en Química Industrial

Os alumnos/as deberán superar obrigatoriamente as materias do Módulo Común (15 créditos), 21 créditos de materias optativas e un traballo de fin de mestrado de 24 créditos.

Na Orientación Investigadora o alumno cursará obrigatoriamente a materia práctica Iniciación á Investigación (6 ECTS) e outros 15 ECTS elixidos libremente os módulos de: Química do Medio Natural; Química Sintética; Química Biolóxica; Nanoquímica e Novos Materiais; e Técnicas Analíticas Avanzadas. Para obter unha especialidade por esta orientación deberán cursar polo menos 9 ECTS dentro do módulo da especialidade elixida (os outros 6 ECTS poden elixilos deste ou dos outros módulos); de non cumprir este requisito obterán a titulación pola orientación investigadora sen especialidade: neste caso o alumno/a tamén ten que cursar obrigatoriamente a materia “Iniciación á investigación”.

Na Orientación Profesionalizante o alumno cursará obrigatoriamente a materia Xestión de Proxectos (3 ECTS) e outros 18 ECTS optativos do Módulo de Química e Economía Industrial.

No caso de que un alumno queira cursar máis dunha especialidade non sería necesario que volvese realizar o módulo común nin o TFM.