CB6 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias xerais
CG1 Innovar en espazos e ámbitos do campo de traballo, demostrando iniciativa e espírito emprendedor.
CG2 Identificar información da literatura científica utilizando as canles apropiadas e integrar dita información para expor e contextualizar un tema de investigación.
CG3 Valorar a responsabilidade na xestión da información e do coñecemento no ámbito da Química Industrial e a Investigación Química.
CG4 Amosar habilidade de analizar, describir, organizar, planificar e xestionar proxectos.
CG5 Utilizar terminoloxía científica en lingua inglesa para argumentar os resultados experimentais no contexto da profesión química.
CG6 Aplicar correctamente as novas tecnoloxías de captación e organización de información para solucionar problemas na actividade profesional.
CG8 Valorar a dimensión humana, económica, legal e técnica no exercicio profesional, así como o impacto da química no medio ambiente e no desenvolvemento sostible da sociedade.
Competencias específicas
CE1 Definir conceptos, principios, teorías e feitos especializados das diferentes áreas da Química.
CE2 Propoñer alternativas para a resolución de problemas químicos complexos das diferentes especialidades químicas.
CE3 Aplicar os materiais e as biomoléculas en campos innovadores da industria e enxeñaría química.
CE4 Innovar nos métodos de sínteses e análises químicas relacionados coas diferentes áreas da Química.
CE5 Avaliar correctamente os riscos e o impacto ambiental e socioeconómico asociado ás substancias químicas especiais.
CE6 Deseñar procesos que impliquen o tratamento ou eliminación de produtos químicos perigosos.
CE7 Analizar e utilizar os datos obtidos de maneira autónoma nos experimentos complexos de laboratorio relacionándoos coas técnicas químicas, físicas ou biolóxicas apropiadas, e incluíndo o uso de fontes bibliográficas primarias
CE8 Valorar, promover e practicar a innovación e o emprendemento na industria e na investigación química.
CE9 Operar con instrumentación avanzada para a análise química e a determinación estrutural.
Competencias transversais
CT1 Elaborar, escribir e defender publicamente informes de carácter científico e técnico.
CT2 Traballar en equipo e adaptarse a equipos multidisciplinarios.
CT3 Traballar con autonomía e eficiencia na práctica diaria da investigación ou da actividade profesional.
CT4 Apreciar o valor da calidade e a mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional.
CT5 Amosar unha actitude de respecto cara ás opinións, os valores, os comportamentos e as prácticas doutros.