O obxectivo desta materia é que o estudantado se familiarice coas técnicas instrumentais analíticas e de determinación estrutural e/ou coas técnicas de sínteses e formulación de produtos químicos. O programa formativo dependerá da especialidade elixida polo estudante. Trátase de que o estudantado adquira os coñecementos e experiencia necesaria nas diferentes técnicas que deberá usar posteriormente no seu Traballo Fin de Máster. No devandito programa preténdese realizar unha guía de actuación dos traballos a desenvolver en colaboración coa persoa titora correspondente.
Documentación
A data límite para a entrega da memoria é o 10 de abril de 2026 ás 14.00 horas.