Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial
O mestrado, de carácter interuniversitario e cunha duración dun ano (60 ECTS), ten como obxectivo proporcionar ao estudantado unha sólida formación en química avanzada e en técnicas instrumentais químicas e biolóxicas. Esta formación permitiralles orientarse tanto cara á investigación como cara á especialización profesional en áreas relevantes da ciencia e a tecnoloxía químicas.
